Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 8 de xuño de 2015 Páx. 22208

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1980/2013).

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 1980/2013 desta Sección, en que son recorrentes o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e recorridos Adegas Día Noite, S.L., Mutual Midat Cyclops e Andrés Méndez López, sobre outros dereitos seguridade social, se ditou, no día da data, a seguinte resolución que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvemos que estimando o recurso de suplicación presentado polo letrado da Administración da Seguridade Social, en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, contra a sentenza do 21 de febreiro de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Ourense, en autos número 3/2013, seguidos por instancia da mutua Mutual Midat Cyclops contra a empresa Adegas Día Noite, S.L., o traballador Andrés Méndez López e as entidades xestoras recorrentes, revogámola, polo que desestimamos integramente a demanda reitora das presentes actuacións e absolvemos os demandados das pretensións exercidas contra eles.

Notifíquese a presente resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á Adegas Día Noite, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en Meder, Salvaterra de Miño, Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de maio de 2015

A secretaria xudicial