Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 8 de xuño de 2015 Páx. 22242

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 13 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, polo que se dá publicidade á sanción firme imposta pola comisión dunha infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais (expediente 2014/0009-0).

Unha vez que adquiriu firmeza a sanción imposta á empresa que se relaciona pola comisión dunha infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais, procédese a darlle publicidade, de conformidade co disposto na Orde da Consellería de Traballo, do 30 de xullo de 2008, sobre publicación das sancións nesa materia e cos datos establecidos no artigo 3 da citada orde.

– Expediente: RL 2014/0009-0.

Nome ou razón social da empresa: Francisco Javier López Álvarez.

Sector da actividade e CNAE: construción de edificios residenciais (41).

CIF: 36002978C.

Domicilio social: rúa Loureiro, 4, Vigo.

Infracción cometida: artigo 13.3 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/200, do 4 de agosto. Incumprir o requirimento da Inspección de Traballo de paralizar os traballos que se están a realizar sen observar a normativa sobre prevención de riscos laborais e que supoñen a existencia dun risco grave e inminente para a seguridade e saúde dos traballadores.

Precepto legal infrinxido: artigo 44.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Importe da sanción económica imposta: 200.000,00 euros.

Data de extensión da acta: 7 de abril de 2014.

Data de firmeza da sanción: 20 de febreiro de 2015.

Conforme o disposto no artigo 2.4 da Orde da Consellería de Traballo do 30 de xullo de 2008, semestralmente publicarase a relación de empresas sancionadas na páxina web da citada consellería.

Ademais, procederase á inscrición no Rexistro Público de Empresas Sancionadas por comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais dos datos publicados neste anuncio, de acordo co previsto no artigo 4 da orde. Estes datos cancelaranse de oficio aos cinco anos contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social