Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 8 de xuño de 2015 Páx. 22244

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo integral dun helicóptero e brigada con destino á prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2015, 2016 e 2017 (expediente 15/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo integral de helicóptero pesado e brigada (proposta 94/14-I).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21772

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 30 de decembro de 2014; BOE do 14 de xaneiro de 2015 e DOG núm. 14, do 22 de xaneiro de 2015.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto e anticipado de gasto.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: 3.977.812,20 € (exento de IVE).

Valor estimado: 8.495.920,20 € (incluídas posibles prórrogas e ampliacións).

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 25 de marzo de 2015.

b) Adxudicataria: Ute Inaer Galicia, S.L.-Consultoría Natutecnia, S.L. con CIF U70449558.

c) Importe: 3.977.225,00 € (exento de IVE).

d) Data de formalización do contrato: 4 de maio de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta presentada e cumpre os requisitos sinalados nos pregos.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar