Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 5 de xuño de 2015 Páx. 21995

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 7 de maio de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para unha granxa porcina e da súa ampliación, no concello de Xinzo de Limia (expediente 2013-IPPC-I-56).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo), e no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos (BOE núm. 23, do 26 de xaneiro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– «Solicitude de autorización ambiental integrada. Proxecto básico e estudo de impacto ambiental para a solicitude da autorización ambiental integrada da explotación porcina en ciclo cerrado de José Rodríguez Garrido. Lugar da Lomba-Xinzo de Limia-Ourense».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. O citado documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental - Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalo na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade >> prevención e control de actividades >> autorización ambiental integrada >> proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2013-IPPC-I-56.

Peticionario: José Francisco Rodríguez Garrido.

Domicilio social: A Lomba, s/n, Ganade, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Localización da instalación: parcela nº 886, polígono 510, Ganade, Xinzo de Limia (Ourense).

Actividade: o ciclo produtivo desenvólvese en dúas liñas de produción que funcionan paralelamente: por unha parte, a produción de leitóns destetados e, por outra, a produción de porco engordado para matadoiro. Tras a ampliación prevista na granxa, a súa capacidade pasará de 1.492 prazas para porcos de ceba a 3.342 prazas.

Verteduras: tras a ampliación non se xerarán verteduras de augas residuais de limpeza nin sanitarias, que se dirixirán ás fosas externas de almacenamento de xurro para ser xestionadas de xeito conxunto. O xurro empregarase como fertilizante en parcelas de uso agrícola.