Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 5 de xuño de 2015 Páx. 21993

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 11 de maio de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se dá publicidade da situación patrimonial de membros do Consello da Xunta en cumprimento do Acordo do 10 de abril de 2014.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do 10 de abril de 2014, acordou a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido das declaracións de bens patrimoniais dos membros da Xunta de Galicia a que se refire o artigo 10.5 da Lei 9/1996, do 18 de outubro, de incompatibilidades dos membros da Xunta de Galicia e altos cargos da Administración autonómica, tanto tras o seu nomeamento como tras o seu cesamento, e referida a ese momento, reflictida no modelo que se xuntou como anexo ao acordo.

En virtude do Decreto 12/2015, do 9 de febreiro (DOG núm. 27, do 10 de febreiro), Jesús Vázquez Abad cesou no cargo de conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e completou e presentou o anexo no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

En virtude do Decreto 13/2015, do 9 de febreiro (DOG núm. 27, do 10 de febreiro), Elena Muñoz Fonteriz cesou no cargo de conselleira de Facenda e completou e presentou o anexo no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido dos anexos presentados para tal efecto, comprensivos da situación patrimonial que declaran no momento do seu cesamento, e que se publican como anexo a este anuncio.

Tal e como consta no referido modelo anexo aprobado polo acordo do Consello:

1. Non se inclúen os seguros de vida.

2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Titular do cargo: Jesús Vázquez Abad

Cargo público orixe da declaración: conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Motivo: cesamento

I. Activo

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 226.890,64 €

2. Valor total doutros bens: 45.455 €

3. Total: 272.346 €

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 219.666 €

Titular do cargo: Elena Muñoz Fonteriz

Cargo público orixe da declaración: conselleira de Facenda

Motivo: cesamento

I. Activo

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 71.316,12 €

2. Valor total doutros bens: 35.542,45 €

3. Total: 106.858,57 €

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 245.596,94 €