Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 4 de xuño de 2015 Páx. 21812

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (881/2014).

Procedemento ordinario: 881/2014

Demandante: Diego Peón Sande

Avogado: José Nogueira Esmorís

Demandados: Moldegal, S.L., Holz Pamarco, S.L., Fondo de Garantía Salarial, administrador concursal de Moldegal, S.L.

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 881/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia do Sr. Peón Sande contra Moldegal, S.L., Holz Pamarco, S.L., Fondo de Garantía Salarial, administrador concursal de Moldegal, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución di: considérase desistido Diego Peón Sande da demanda promovida contra a entidade Holz Pamarco, S.L.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Diego Peón Sande contra a entidade Moldegal, S.L. e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Moldegal, S.L. e a súa administración concursal a que lle aboe ao demandante a cantidade de 7.421,60 euros brutos, polos salarios devindicados entre setembro de 2013 e xaneiro de 2014, incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que sirva de notificación en legal forma á empresa Moldegal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de maio de 2015

A secretaria xudicial