Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 3 de xuño de 2015 Páx. 21722

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 92/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 92/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ildefonso de la Fuente Rivas contra Esabe Vigilancia, S.A. sobre cantidade, se ditou con data do 8 de maio de 2015 sentenza cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

Sentenza nº 188/2015.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2015.

Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 92/2012, seguidos por instancia de Ildefonso de la Fuente Rivas, asistido pola letrada señora Erviti Álvarez; contra Esabe Vigilancia, S.A., quen non compareceu ao acto do xuízo oral; despois de ser citado o Fogasa, quen non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, ditou a presente sentenza, con base nos seguintes;

Decisión:

Que estimando substancialmente a demanda interposta por Ildefonso de la Fuente Rivas, contra Esabe Vigilancia, S.A., debo condenar e condeno á mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 2.189,66 euros, máis o interese do artigo 1108 do Código civil desde a data da reclamación por papeleta de conciliación ata a presente resolución e o previsto no artigo 576 da LEC a partir da presente resolución, así como ao pagamento dos honorarios do letrado da parte demandante ata o límite máximo de 600 euros.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndoos saber que fronte a esta non cabe recurso (artigo 191.2 LRJS).

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado e inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2015

A secretaria xudicial