Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 2 de xuño de 2015 Páx. 21620

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 21 de maio de 2015 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 218/2015 no expediente de reposición da legalidade PON/68/2013-RP1, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, en relación co procedemento ordinario núm. 218/2015, interposto por José Luis Fariña Conde, contra a resolución ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade urbanística núm. PON/68/2013-RP1, pola que declara ilegalizables as obras executadas, consistentes no recheo de terras con alteración da rasante natural do terreo, sita no camiño Altamira, San Pedro da Ramallosa, concello de Nigrán, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo.

Polo exposto, mediante a presente resolución emprázase a David Estévez García, Josefa López Rodríguez e a herdeiros de Cristina Sofía Mosquera López para que poidan comparecer como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística