Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 2 de xuño de 2015 Páx. 21617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2015 pola que se fai público o cofinanciamento do contrato de servizo para a mostraxe e análise de augas subterráneas para a determinación do estado químico. Proxecto Life+política e gobernanza ambientais, solucións sustentables para pequenos abastecementos de auga, denominado Life Rural Supplies (clave OH.688.936).

life.png

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia do organismo e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública, e para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, procede a dar publicidade á actuación que a continuación se relaciona en previsión do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a Plataforma de Contratación del Sector Público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es .

Tipo de contrato: administrativo de servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: negociado sen publicidade cun único criterio de adxudicación (prezo).

2. Obxecto do contrato: servizo.

Descrición: mostraxe e análise de augas subterráneas para a determinación do estado químico. Proxecto Life+política e gobernanza ambientais, solucións sustentables para pequenos abastecementos de auga», denominado Life Rural Supplies.

Número de expediente: OH.688.936.

CPV (referencia de nomenclatura): 71620000-0.

Medio e data de publicación de licitación: sen publicidade.

Orzamento base de licitación: importe neto: 57.976,80 euros. Importe total: 70.151,93 euros.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Data de adxudicación: 8 de xaneiro de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 26.245,80 euros. Importe total: 31.757,42 euros.

Data de formalización do contrato: 10 de marzo de 2015.

Contratista: Applus Norcontrol, SLU.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida no punto 2) cofinanciarase coa contribución do instrumento financeiro LIFE da Unión Europea, que poderá alcanzar ata a porcentaxe máxima do 50 % dos gastos do proxecto, a través dos fondos Life + política e gobernanza ambientais, que teñen por finalidade o cofinanciamento de accións e proxectos que contribúen ao desenvolvemento de conceptos políticos, tecnoloxías, métodos e instrumentos innovadores, dentro do proxecto aprobado LIFE12/ENV/ES/000557 Solucións sustentables para pequenos abastecementos de auga (Life Rural Supplies) no eido da Acción C.1: Plan de seguimento para a medición do impacto do proxecto sobre os problemas medioambientais abordados. Nos proxectos Life + política e gobernanza ambientais aprobados para o seu cofinanciamento comunitario o 7 de agosto de 2013, o beneficiario coordinador é o Concello de Abegondo e os participantes como socios beneficiarios Augas de Galicia e a Consellería de Sanidade.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2015

P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia