Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 1 de xuño de 2015 Páx. 21394

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 209/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 209/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Esther Martínez Rivero contra Tapiz Hogar, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa decisión di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Esther Martínez Riveiro, contra a entidade Tapiz Hogar, S.L., e en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto o 23 de xaneiro de 2015, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía ás partes, desde a data da presente resolución (8 de maio de 2015), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Tapiz Hogar, S.L., ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 23.536,53 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que sirva de notificación en legal forma á empresa Tapiz Hogar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de maio de 2015

A secretaria xudicial