Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 1 de xuño de 2015 Páx. 21422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa de construción dun proxecto no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2015/017-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Expediente: IN407A 2015/017-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LMTS 20 kV en rúa República Checa, nº 17.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas:

LMT soterrada (actuación nº 1), a 20 kV cunha lonxitude de 0,019 km, coa orixe en cela do CT Costa Vella, nº 9 (expediente 294/03) condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no CS Coregal (que se reinstalará).

LMT soterrada (actuación nº 2), a 20 kV cunha lonxitude de 0,012 km, coa orixe en CS Coregal (que se reinstalará) condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 AL, e final en empalme que se realizará na LMTS SCY-829 entre os centros de transformación Costa Vella nº 8 (expediente 294/03) e Costa Vella nº 9 (expte. 294/03).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54) esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao medio.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 6 de maio de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña