Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21079

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (169/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 169/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor Manuel López Dopico contra a empresa Jaranda 80, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decreto: 279/2015.

Secretaria xudicial: María Adelaida Egurbide Margañón.

A Coruña, 4 de maio de 2015.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 13.2.2013 tivo entrada neste Xulgado do Social número 2 demanda de reclamación de cantidade presentada por Víctor Manuel López Dopico fronte a Jaranda 80, S.L.

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación para o día 6.5.2015, ás 9.55 horas.

Terceiro. A parte demandante presentou escrito en que manifesta que desiste da acción interposta.

Fundamentos de dereito.

Único. Declarada polo demandante a súa vontade de abandonar o proceso e ao non solicitar o demandado a continuación do procedemento, procede considerar que o demandante desiste da súa demanda.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

– Considerar que Víctor Manuel López Dopico desiste da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Jaranda 80, S.L.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación deste no procedemento correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei de xurisdición social). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta no Banco Santander, debendo indicar no campo concepto, a indicación «Recurso» seguida do código «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación recurso, seguida do «código 31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Jaranda 80, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de maio de 2015

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial