Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21076

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (186/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 186/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Miguel Martínez Sanmartín contra a empresa Prosegur Compañía de Seguridad, S.A., Sequor Seguridad, S.A., administrador concursal de Sequor Seguridad, S.A. (Pedro Juez Martel), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decreto: 221/2015.

Secretaria xudicial María Adelaida Egurbide Margañón.

A Coruña, 15 de abril de 2015

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 15 de febreiro de 2/13 tivo entrada neste Xulgado do Social número 2 demanda de reclamación de cantidade presentada por Juan Miguel Martínez Sanmartín fronte a Prosegur Compañía de Seguridad, S.A., Sequor Seguridad, S.A., administrador concursal de Sequor Seguridad, S.A. (Pedro Juez Martel), Fondo de Garantía Salarial Fogasa.

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación para o día 6 de maio de 2015, ás 10.10 horas.

Terceiro. A parte demandante presentou escrito en que manifesta que desiste da acción interposta.

Fundamentos de dereito.

Único. Declarada polo demandante a súa vontade de abandonar o proceso e ao non solicitar o demandado a continuación do procedemento, procede considerar que o demandante desiste da súa demanda.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

– Considerar que Juan Miguel Martínez Sanmartín desiste da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Prosegur Compañía de Seguridad, S.A., Sequor Seguridad, S.A., administrador concursal de Sequor Seguridad, S.A. (Pedro Juez Martel), Fondo de Garantía Salarial Fogasa.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación deste no procedemento correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres (3) días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta no Santander, debendo indicar no campo concepto «Recurso» seguida do código «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación «recurso», seguida do «código 31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a a Prosegur Compañía de Seguridad, S.A., Sequor Seguridad, S.A. e administrador concursal de Sequor Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

A Courña, 8 de maio de 2015

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial