Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 19 de maio de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada na solicitude de compatibilidade formulada por Pablo Galdo Vigo.

O 30.3.2015 o director xeral da Función Pública, en uso da competencia delegada polo conselleiro de Facenda en virtude da Orde do 8 de xullo de 2013 (DOG núm. 136, do 18 de xullo), no seu artigo 3.e), ditou resolución pola que se autoriza a solicitude de compatibilidade presentada por Pablo Galdo Vigo.

Logo de intentar dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo, por «Non retirado» tras os dous intentos en que consta «ausente de repartición», respectivamente.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifica a Pablo Galdo Vigo a resolución antes referida.

O interesado pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer o interesado recurso de reposición ante a Consellería de Facenda, no prazo dun mes, ou directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que teña o seu enderezo ou no de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados, en ambos os casos, a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública