Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 18 de maio de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a solicitude de acreditación da representación no recurso interposto contra a resolución sancionadora en materia de transportes terrestres, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente RA/M/2014/00288 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a solicitud de acreditación da representación do recurso interposto contra a resolución do expediente sancionador instruído por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Examinado o recurso interposto, observouse que este carece dun requisito esencial exixido polo artigo 32.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que consiste en que, para interpoñer recursos deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Polo tanto, requírese para que presente a documentación (orixinal ou copia compulsada) do representante para actuar en nome da entidade, remitíndoo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; Secretaría Xeral Técnica; Servizo Técnico-Xurídico; San Caetano, bq. 5, 15781 Santiago de Compostela.

Por todo o exposto, e co fin de dar cumprimento ao establecido no artigo 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ter así por interposto o recurso presentado, deberá proceder á emenda da falta mencionada no prazo de dez (10) días contados a partir da recepción desta comunicación, tal e como se establece no artigo 32.4 da mencionada lei.

Lémbraselle que, de non proceder a corrección dos defectos antes mencionados, esta Administración procederá a dar cumprimento ao establecido no artigo 113.1 da Lei 30/1992, inadmitindo o recurso interposto.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Número recurso

Expediente

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data, hora, estrada, p.q.

RA/M/2014/00288

DX-00068-I-2013

NA-4774-AF

Axente de inspección DX/004

Arias Logística y Transporte, S.L.

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

21.5.2013; 9.23; N-VI; 543,800

RA/M/2014/00540

XC-03435-O-2013

3399-FGN

Garda Civil 1504 A-35144-Y

Transportes J. y Arizaga 260396, S.L.

Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible, ou facelo de forma incorrecta, ou non efectuar os documentos impresos no momento de inicio e da finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou en caso de que esta non conste no seu poder.

2.8.2013; 16.15; AC-553; 1,2

RA/M/2015/00340

XC-01980-O-2013

6457-FRT

Garda Civil 1504 A-35144-Y

Transportes Teolindo Dos Coruña, S.L.

Transporte de mercadorías perigosas utilizando vultos sen as marcas e etiquetas prescritas polo ADR, parte 5.

3.6.2013; 19.48; N-550; 43,50

RA/M/2015/00342

XC-02549-O-2013

6457-FRT

Garda Civil 1504 A-35144-Y

Transportes Teolindo Dos Coruña, S.L.

Transporte de mercadorías perigosas utilizando vultos (envases, embalaxes, recipientes a presión, GRG, grandes embalaxes) sen as marcas prescritas no ADR, parte 6.

3.6.2013; 19.49; N-550; 43,50

RA/M/2015/00371

DX-00058-I-2013

3641-FTV e 4929-DFS

Axente de inspección DX/003

Grupo Operador de Transportes Pedro Ruibal, S.L.

Carencia significativa de follas de rexistro ou de datos rexistrados no tacógrafo ou nas tarxetas dos condutores dos cales exista a obriga de conservación na sede da empresa.

25.6.2013; 10.30

RA/M/2015/00372

DX-00077-I-2013

8392-DFG

Axente de inspección DX/003

Grupo Operador de Transportes Pedro Ruibal, S.L.

Carencia significativa de follas de rexistro ou de datos rexistrados no tacógrafo ou nas tarxetas dos condutores dos cales exista a obriga de conservación na sede da empresa.

25.6.2013; 10.30