Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-31/2015 e OU-E-45/2015.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao titular do establecemento que se especifica no anexo, a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de conformidade co establecido no artigo 29.1.d) da LO 1/1992, en relación co Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, e do Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución a órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos (DOG do 30 de setembro), e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante o instrutor o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma previstos no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avenida da Habana, 79, 2º de Ourense.

Ourense, 14 de maio de 2015

P.A.
Marisol Díaz Mouteira
Secretaria territorial da Delegación da Xunta de Galicia en Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-31/2015.

NIF: 44480440-G.

Denunciado: Óscar Fernández Villarino.

Enderezo: r/ Curros Enríquez, nº 25, baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Ozono, r/ Curros Enríquez, nº 25, baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da LO 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola LO 4/1997.

Importe da sanción: 2.250 € máis un mes de suspensión de licenza municipal de apertura.

Número de expediente: OU-E-45/2015.

NIF: 44480440-G.

Denunciado: Óscar Fernández Villarino.

Enderezo: r/ Curros Enríquez, nº 25, baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Ozono, r/ Curros Enríquez, nº 25, baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da LO 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola LO 4/1997.

Importe da sanción: 2.400 € máis un mes de suspensión de licenza municipal de apertura.