Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20736

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 21 de maio de 2015 pola que se modifica a composición do tribunal nomeado pola Orde do 29 de abril de 2015, encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, escala técnica de inspección turística, convocado por Orde do 18 de decembro de 2001, en execución da sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo o 19 de xullo de 2009 no procedemento ordinario 745/2003.

Unha vez presentada a renuncia da vogal titular do tribunal nomeado pola Orde do 29 de abril de 2015 (DOG núm. 86, do 8 de maio), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, escala técnica de inspección turística, convocado por Orde do 18 de decembro de 2001 (DOG núm. 250, do 28 de decembro), en execución da sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo o 19 de xullo de 2009 no procedemento ordinario 745/2003 e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Pilar Fernández Maroño como vogal titular do tribunal nomeado pola Orde do 29 de abril de 2015 (DOG núm. 86, do 8 de maio), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de inspección turística, en execución da sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo o 19 de xullo de 2009 no procedemento ordinario 745/2003.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do dito tribunal a Andrés Iglesias López, funcionario do corpo superior de administración da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda