Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20737

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 22 de maio de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a Resolución do 19 de maio de 2015 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

Advertido un erro por omisión na publicación da dita Resolución do 22 de maio de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 97, do 26 de maio, cómpre realizar a oportuna corrección:

O posto 1310, SA.C02.00.005.15770.010 onde di: «Centro de destino. D.X. DE PLANIFICACIÓN SANITARIA E ASEGURAMENTO», debe dicir: «SUBDIRECCIÓN XERAL DE PLANIFICACIÓN E ASEGURAMENTO» e debe figurar coa observación XORNADA MAÑÁ OU TARDE.