Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20724

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2015 pola que se fan públicos os convenios de colaboración asinados por este ente público no primeiro cuadrimestre do ano 2015.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2015 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da

sinatura

Achega de

Portos de Galicia

Portos de Galicia e a Escola Galega de Administración Publica

Desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

2.1.2015

Non ten

Portos de Galicia e o porto deportivo de La Rochelle

Acordo para desenvolver relacións privilexiadas entre ambos os portos, que permitan favorecer os intercambios entre os portos e os usuarios

8.1.2015

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Viveiro

Reforma e adaptación de beirarrúas nas proximidades do casco histórico de Viveiro para a reordenación do tráfico rodado e garantía de accesibilidade de viandantes

19.1.2015

Non ten

Portos de Galicia e a empresa Mercadona, S.A.

Conservación e mantemento da zona de aparcamento en dominio público portuario de Noia

26.1.2015

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Ribeira

Convenio xeral para a execución das obras na fachada marítimo-terrestre do Porto de Ribeira

9.2.2015

Non ten

Portos de Galicia, a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Moaña

Addenda nº 1 ao convenio para a continuación do paseo marítimo de Moaña ata o Paseo da Xunqueira (tramo da Seara)

5.3.2015

189.929,32

Portos de Galicia e o Concello de Ribeira

Convenio I derivado do convenio xeral para a execución das obras na fachada marítimo-terrestre do Porto de Ribeira

13.3.2015

Non ten

Portos de Galicia, o Concello de Boiro e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial

Celebración do XII encontro de embarcacións tradicionais de Galicia no Porto de Cabo de Cruz no concello de Boiro

24.3.2015

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Outes

Addenda ao convenio para o mantemento das obras de remodelación e urbanización do Porto do Freixo (Outes)

15.4.2015

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Ribeira

Convenio II derivado do convenio xeral para a execución das obras na fachada marítimo-terrestre do Porto de Ribeira

21.4.2015

Non ten