Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20726

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2015 polo que se dá publicidade aos convenios de colaboración e cooperación subscritos por este organismo autónomo no primeiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no primeiro cuadrimestre do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2015

Manuel Borobio Sanchiz
Director do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO

Convenios de colaboración e cooperación subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no primeiro cuadrimestre do ano 2015

Convenio

Achega económica do IET

Data da

sinatura

Acordo de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio e a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia no marco do proxecto LIFE SANePLAN: planificación integrada e xestión sustentable de infraestruturas de saneamento a través de tecnoloxía de precisión innovadora LIFE12 ENV/ES/000687, cofinanciado polo programa LIFE da Unión Europea

Sen achega económica

27.3.2015

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio e a Fundación Galicia Sustentable para o programa de participación cidadá na paisaxe Somos paisaxe

100 000 €

22.4.2015

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto de Estudos do Territorio para a realización de prácticas académicas externas, sen prestación económica, de alumnos/as do máster universitario en Enxeñaría Ambiental (2ª ed.)

Sen achega económica

24.4.2015