Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20723

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2015 pola que se dá publicidade ao convenio de colaboración subscrito por este organismo no primeiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade ao convenio subscrito polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2015 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2015

P.S. (Orde do 17.11.2014)
Fernando González Abeijón
Subdirector xeral Técnico e de Planificación

ANEXO

Convenio

Obxecto

Importe achegado polo Issga

Data

de sinatura

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación en materia de prevención de riscos laborais

A participación nas actividades da EGAP do persoal dependente do Issga, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes

0,00 €

2.1.2015