Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 26 de maio de 2015 Páx. 20609

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (866/2014).

Despedimento/cesamentos en xeral 866/2014 F

Sobre: despedimento

Demandante: Lorenza Castro Cures

Avogado: Jesús Raña Vales

Demandados: Línea Futurex Avance, S.L., Fondo de Garantía Salarial, administración concursal de Línea Futurex Avance, S.L.

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 866/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorenza Castro Cures contra a empresa Línea Futurex Avance, S.L., Fondo de Garantía Salarial, administración concursal de Línea Futurex Avance, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Sentenza: 215/2015.

Número de autos: 866/2014.

Na cidade da Coruña, vinte de abril de dous mil quince.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do Xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante Lorenza Castro Cures, que comparece representada polo letrado Jesús Raña Vales, e doutra como demandados Línea Futurex Avance, S.L., Fogasa, administración concursal de Línea Futurex Avance, S.L., que a pesar de estaren citados en legal forma non comparecen a xuízo.

Decisión:

Que, estimando a demanda interposta por Lorenza Castro Cures contra a empresa Línea Futurex Avance, S.L., con citación do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante e extinguida a relación laboral na data da presente resolución, e condeno a demandada a que aboe unha indemnización de 2.910,16 €.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que no día de hoxe o maxistrado xuíz deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Mesma data que a sentenza. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Línea Futurex Avance, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de maio de 2015

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial