Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 26 de maio de 2015 Páx. 20617

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 1029/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1029/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cecilia Villar Gómez contra Mami Plus, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou sentenza nº 140 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos 1029/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade por instancia de Cecilia Villar Gómez, asistida pola graduada social Matilde Mallo Nieves contra Mami Plus, S.L., que non comparece, tendo sido citado o Fogasa, que non comparece, ditou esta sentenza.

(…)

Resolvo que apreciando unha indebida acumulación de accións, debo ter e teño por efectuada a opción pola reclamación de cantidade de diferenzas salariais e mellora voluntaria, a parte poderá exercer a súa pretensión de reclamación de prestacións de incapacidade temporal por separado.

Que debo estimar e estimo parcialmente as accións anteriormente referidas e condeno a empresa Mami Plus, S.L. a pagar a Cecilia Villar Gómez 7.624,24 euros, dos cales 6.408,07 euros devindicarán o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores e os 1.216,17 euros restantes os xuros do artigo 1100 e seguintes do Código civil. Condeno o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada-xuíza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mami Plus, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2015

A secretaria xudicial