Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 26 de maio de 2015 Páx. 20633

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Quiroga (expediente IN407A 2015/15-2, 8209 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle-Ourense.

Denominación: LMT e CT Poblado Montefurado.

Situación: concello de Quiroga.

Características técnicas:

1. LMT aérea a 20 kV con orixe no apoio tubular metálico existente nº 7801003-01 (nº 0 do presente proxecto) pertencente á LMT existente RUA-806 e final no poste tubular metálico proxectado nº 3, cunha lonxitude de 115 metros, en condutor LA-56, tensada sobre apoios metálicos.

2. LMT soterrada a 20 kV con orixe nun paso aéreo a soterrado, ubicado no apoio tubular metálico proxectado nº 3 e final no CT Montefurado, cunha lonxitude de 72 metros en condutor tipo RHZ-95.

3. CT en edificio prefabricado Montefurado, no cal se aumenta a potencia instalada pasando de 160 kVA a 250 kVA e se instala unha cela de liña e unha de protección, relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 6 de maio de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo