Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 26 de maio de 2015 Páx. 20635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 7 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica á empresa Pedra País, S.L. o requirimento de presentación de documentación relativo a medidas de seguranza e ambientais no permiso de investigación Pedra País 01 número 2938, nos termos municipais de Fornelos de Montes e Mondariz (Pontevedra).

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícase á empresa Pedra País, S.L., con CIF B-36881563 o requirimento de documentación en relación coas medidas de seguranza e ambientais por parte da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, do 21 de febreiro de 2015, no permiso de investigación Pedra País 01 número 2938, situado nos termos municipais de Fornelos de Montes e Mondariz (Pontevedra), así como o requirimento de comunicación dun domicilio da entidade Pedra País, S.L., para os efectos de notificacións.

Comunícase que o dito requirimento está á súa disposición, no prazo de 10 días, en horario de 9.00 a 14.00 horas, no Servizo de Enerxía e Minas das dependencias desta xefatura territorial, situadas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5ª planta, de Pontevedra.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 7 de maio de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra