Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 26 de maio de 2015 Páx. 20631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada centro de manobra Fraga do Rei-Moscoso, no concello de Pazos de Borbén, do que resulta como beneficiaria a empresa Eléctrica Moscoso, S.L. (expediente IN407A 2014/103-4).

A instalación denominada centro de manobra Fraga do Rei-Moscoso, no concello de Pazos de Borbén, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 30 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados. A condición de beneficiaria tena a empresa Eléctrica Moscoso, S.L.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 10 de xuño de 2015, a partir das 10.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Pazos de Borbén.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lle comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, e infórmaselles que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 27 de abril de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Centro de manobra Fraga do Rei-Moscoso.

Cultivo

Nome e apelidos

Nº de apoio

m2 solo

m2 SP

Concello

1

Matogueira

Descoñecido

CM

100

60

Pazos de Borbén