De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 27 de abril de 2015 sobre a rehabilitación da depuradora de San Claudio, no concello de Ortigueira (A Coruña), promovido polo Concello de Ortigueira.
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:
http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2015
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental