Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 26 de maio de 2015 Páx. 20626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 6 de maio de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto dunha planta de vermicompostaxe no lugar da Pontenova, na parroquia de Atios, no termo municipal do Porriño, promovido por Abona 3L, S.L. (clave 2014/0123).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 4 de maio de 2015 relativo ao proxecto dunha planta de vermicompostaxe no lugar da Pontenova, na parroquia de Atios, no termo municipal do Porriño, promovido por Abona 3L, S.L.

Este informe pódese consultar na ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental