Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 26 de maio de 2015 Páx. 20624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de abril de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto dun novo centro de tratamento de residuos industriais e urbanos no polígono industrial Río do Pozo, no concello de Narón (A Coruña), promovido pola empresa Francisco Mata, S.A. (clave 2014/0128).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 27 de abril de 2015 relativo ao proxecto dun novo centro de tratamento de residuos industriais e urbanos no polígono industrial Río do Pozo, no concello de Narón (A Coruña), promovido pola empresa Francisco Mata, S.A. (clave 214/0128).

Este informe pódese consultar na ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental