Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 26 de maio de 2015 Páx. 20581

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 11 de maio de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 18 de febreiro de 2015 (DOG núm. 38, do 25 de febreiro), modificado polas ordes do 11 de marzo de 2015 (DOG núm. 54, do 19 de marzo), e do 10 de abril de 2015 (DOG núm. 69, do 14 de abril), polas que se nomea o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 99, do 26 de maio), acordou que o primeiro exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 2 de xuño de 2015, e que o lugar de realización será na Escola Galega de Administración Pública (polígono das Fontiñas; rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela), nas aulas 2, 11 e 17, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas.

Los aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade ao xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2015

Jorge José Delgado Martín
Presidente do tribunal