Mediante Resolución do 19 de maio de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 93, do 20 de maio), convocouse concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.
No anexo I da Resolución do 19 de maio, en que figuran os postos que se ofertan, advertiuse a omisión involuntaria dun posto incluido na relación aprobada pola Comisión de Persoal que tivo lugar o día 13 de maio de 2015, polo que procede a súa inclusión, co número 1310.
Polo exposto, no uso das competencias que ten atribuídas no artigo 1 da Orde do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública modificada pola Orde do 26 de agosto de 2013, esta dirección xeral
RESOLVE:
Incluir no anexo I da Resolución do 19 de maio de 2015 o posto:
Posto |
Código do posto |
Niv. |
Grupo |
Corpo/esc. |
Adm. Púb. |
Denomin. posto |
Cons. |
Centro |
Centro destino |
Conc. |
Titulacións |
Formación |
Observ. |
Puntuación |
1310 |
SA.C02.00.005.15770.010 |
14 |
C1 |
XERAL |
AXG |
POSTO BASE SUBGRUPO C1 (TARXETA SANITARIA) |
SA |
SECRETARÍA XERAL TÉCNICA |
D.X. DE PLANIFICACIÓN SANITARIA E ASEGURAMENTO |
15770 |
4.600 |
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2015
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública