Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 26 de maio de 2015 Páx. 20580

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2015 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2015.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega no primeiro cuadrimestre do ano 2015, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2015

Ramón Villares Paz
Presidente do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello da Cultura Galega

Data da sinatura

Acordo para a dixitalización e posterior difusión dos fondos documentais de Xosé Filgueira Valverde

Sen dotación económica

3.2.2015

Convenio de colaboración para o intercambio de investigadores e creadores do Consello da Cultura Galega e Casa Velázquez

6. 000 €

28.2.2015

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para a elaboración dunha bibliografía sobre os estudos de sociolingüística en Galicia (1983-2015)

44. 500 €

2.3.2015

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do estudo A organización política do primeiro exilio galego, 1936-1950

44. 500 €

14.4.2015

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do estudo Mulleres e fotografía en Galicia. Mary Quintero

44. 500 €

14.4.2015