Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 25 de maio de 2015 Páx. 20540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a adquisición dun sistema de medida de absorción in situ e sonda P+U 3D+Frotend (expediente 15/15).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2º. Enderezo: edificio da Xerencia, servizos centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4º. Teléfono: 986 81 37 67.

5º. Telefax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante.

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 15/15.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: sistema de medida de absorción in situ e sonda P+U 3D+Frotend.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Telecomunicación, Campus As Lagoas-Marcosende en Vigo.

2º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

e) Prazo de entrega: 1 mes.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 38300000-8 e CPA: 32.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1º. prezo: 100 puntos, de acordo coa folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 43.800 €.

5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto: 43.800 € + 9.198 € de IVE.

6. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel, 3 sobres A, B e C .

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Enderezo: edificio da Xerencia, servizos centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4º. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas do edificio da Xerencia e servizos centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende 2ª planta.

c) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.000 euros.

11. Outras informacións: convocatoria 2013 de axudas a infraestruturas e equipamento científico técnico Mineco-Feder. Finánciase parcialmente con fondos Feder nun 80 %, no marco do Programa operativo plurirrexional de economía baseada no coñecemento, e nos programas operativos rexionais correspondentes a cada unha das comunidades autónomas do obxectivo competitividade rexional e emprego, correspondentes ao período de programación dos fondos estruturais 2007-2013. Número de proxecto: UNVI13-1E-2748. Data límite para executar a aplicación dos fondos: 31 de decembro de 2015.

Vigo, 13 de maio de 2015

P.D. (Resolución 7.5.2014, DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo