Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 25 de maio de 2015 Páx. 20537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación mediante procedemento aberto, documentalmente simplificado, multicriterio, suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, para a adquisición de equipamento electromédico para a área cirúrxica e sistema SIC de informatización integrada da actividade das unidades de críticos con destino ao novo Hospital de Vigo, cofinanciada pola Unión Europea nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.7 e obxectivo específico 9.7.1 (18 lotes) (expediente AB-SER2-15-009).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.

c) Número do expediente: AB-SER2-15-009.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de equipamento electromédico para a área cirúrxica e sistema SIC de informatización integrada da actividade das unidades de críticos con destino ao novo Hospital de Vigo.

c) División por lotes e número: 18 lotes.

d) Lugar de entrega da subministración: novo Hospital de Vigo.

e) Prazo máximo de entrega: lote 1: 3 meses; lotes 2 a 18: 20 días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: adxudicación baseada na pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento sen IVE: 2.884.996,82 €.

Orzamento con IVE: 3.490.846,15 €.

5. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde. Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

c) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

d) Teléfonos: 881 54 27 66/881 54 27 68.

e) Telefax: 881 54 86 11.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 22 de xuño de 2015.

b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) Admisión de ofertas conxuntas: non se admiten.

9. Apertura das proposicións: a data, a hora e o lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C (acto público) publicarase no perfil do contratante www.sergas.es

10. Outras informacións: toda información relativa ao expediente se fará pública na páxina web que se cita neste anuncio.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo está indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 20 de maio de 2015.

13. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.sergas.es

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos