Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 25 de maio de 2015 Páx. 20534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de desenvolvemento, análises e operación para o almacén de información analítica, cofinanciado nun 80 % con fondos Feder dos programas operativos Galicia 2007-2013 e Galicia 2014-2020, eixe 1, tema prioritario 13 (expediente AB-SER1-15-028).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es .

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 9 de xuño de 2015.

d) Número de expediente: AB-SER1-15-028.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de desenvolvemento, análises e operación para o almacén de información analítica do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72200000-7.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se for o caso:

Concepto

Puntos

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0 - 50

Plan de evolución dos sistemas

0 - 30

Metodoloxía de traballo e definición do plan de participación de recursos

0 - 20

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0 - 50

Oferta económica

0 - 40

Parámetros de servizo de soporte

0 - 10

4. Valor estimado do contrato: 3.445.100 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.722.550 euros. Importe total: 2.084.285,50 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 (%) do importe de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 e categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se for o caso: ver cláusula 5.3.1.f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 9 de xuño de 2015.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidira en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 4 de maio de 2015.

12. Outras informacións.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos