Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 25 de maio de 2015 Páx. 20530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de mantemento e evolución das aplicacións Fides, Ofpro, Cades, Savar, RHWES, Licot, Fegas, Xedoc-IDX, Accede e Lembra, cofinanciado nun 80 % co fondo Feder dos programas operativos Galicia 2007-2013 e Galicia 2014-2020 (expediente AB-SER1-15-027).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º Dependencia: Servizo de Contratación.

2º Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º Teléfono: 881 54 27 87.

5º Telefax: 881 54 27 62.

6º Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

7º Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 9.6.2015.

d) Número de expediente: AB-SER1-15-027.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento e evolución das aplicacións Fides, Ofpro, Cades, Savar, RHWES, Licot, Fegas, Xedoc-IDX, Accede e Lembra do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72200000-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntos

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-50

Plan de evolución dos sistemas

0-30

Metodoloxía de traballo e definición do plan de participación de recursos

0-20

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-50

Oferta económica

0-40

Parámetros de servizo de soporte

0-10

4. Valor estimado do contrato: 1.984.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 992.000 euros. Importe total: 1.200.320 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 e categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver cláusula 5.3.1 f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 9.6.2015.

Sé o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización da presentación das ofertas. No caso en que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 4.5.2015.

12. Outras informacións.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos