Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 25 de maio de 2015 Páx. 20544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2015 pola que se acorda rectificar o anuncio de licitación correspondente ao expediente 4/15.

Téndose modificado as condicións de licitación do expediente 4/15, faise necesario abrir un novo prazo de presentación de ofertas, polo que se acorda rectificar o anuncio de licitación publicado con data do 15.5.2015 (DOG núm. 90, páxina 19121) nos termos que se indican a seguir:

Onde di:

«c) Criterios de adxudicación: segundo os subcriterios indicados no punto 16 da folla resumo de características do prego.

• Redución no prezo de licitación (criterio automático): 40 puntos.

• Calidade técnica plataforma aérea non tripulada + LIDAR (xuízo de valor): 40 puntos.

• Inclusión dunha emisora terrestre de control adicional (criterio automático): 10 puntos.

• Adestramento básico e avanzado (criterio automático): 10 puntos.»,

Debe dicir:

«c) Criterios de adxudicación: segundo os subcriterios indicados no punto 16 da folla resumo de características do prego.

• Redución no prezo de licitación (criterio automático): 49 puntos.

• Calidade técnica plataforma aérea non tripulada + LIDAR (xuízo de valor): 40 puntos.

• Inclusión dunha emisora RC para pilotaxe manual (criterio automático): 1 punto.

• Calidade de adestramento básico e avanzado (xuízo de valor): 10 puntos.».

Por iso concédese un novo prazo de presentación de ofertas a partir da publicación do presente anuncio.

Vigo, 19 de maio de 2015

P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo