Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 25 de maio de 2015 Páx. 20516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de maio de 2015 pola que se notifica o acordo de execución subsidiaria de orde de demolición do expediente IU2/43/2012, devolta polo servizo de Correos por resultar a seu interesado ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o día 27 de febreiro de 2015 ditou resolución pola que se dispón a execución forzosa, mediante a execución subsidiaria á custa de Jaime Gómez Pereira, da Resolución do 4 de xaneiro de 2013 que ordenou a demolición das obras executadas consistentes na construción dunha edificación para usos residenciais de tres plantas en cinco niveis, no lugar dos Bravos, parroquia de Estás, no termo municipal de Tomiño, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución Jaime Gómez Pereira, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes ao acordo de execución subsidiaria, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da que o presente acordo é un mero acto de execución.

Se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da presente notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística