Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 25 de maio de 2015 Páx. 20426

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 30 de abril de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión de diversos postos de xefatura de persoal licenciado sanitario.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG nº 140, do 24 de xullo), e na Orde do 12 de abril de 2013 (DOG nº 76, do 19 de abril) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada das áreas de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na Orde do 5 de xullo de 2014 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, os postos de xefe/a dos servizos de Atención Primaria que se relacionan no anexo.

Segundo. As retribucións dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coas ordes vixentes polas que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios, así como na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

Cuarto. As solicitudes para participar na presente convocatoria dirixiranse á Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos (Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo, r/ Dr. Ulises Romero 1, CP 27003 Lugo) e poderán presentarse no Rexistro Xeral ou mediante cualquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 30 de abril de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Prazas convocadas: xefatura do Servizo de Atención Primaria de:

Sarria

Meira

A Milagrosa (Lugo)

Fingoi (Lugo)

Illas Canarias (Lugo)

Monforte de Lemos

Quiroga