Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 25 de maio de 2015 Páx. 20428

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (432/2014).

Eu, Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, por este edicto anuncio:

Neste procedemento de xuízo ordinario 432/2014, seguido por instancia de Exportaciones de Mercancías Extremeñas, S.A., representada polo procurador Javier Carlos Sánchez García, contra Alderova Green World, S.L., ditouse sentenza do 30 de decembro de 2014.

Ao encontrarse a demandada Alderova Green World, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma, facendo saber que se poderá dirixir a esta oficina co fin de ter coñecemento íntegro do acto.

Contra a resolución indicada cabe recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da notificación.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial