Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 25 de maio de 2015 Páx. 20424

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se procede a nomear e facer pública a composición do tribunal que xulgará a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación e de mestres na Comunidade Autónoma de Galicia convocados pola Orde do 11 de marzo de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 18 de marzo), e pola que se fai pública a data, a hora e o lugar en que se realizará a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos citados procedementos selectivos.

En cumprimento do sinalado na base sétima da Orde do 11 de marzo de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 18 de marzo), pola que se convocaban os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear o tribunal que deberá xulgar a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación e de mestres na Comunidade Autónoma de Galicia no anexo desta resolución.

Segundo. Indicar a data, a hora e o lugar en que se realizará a citada proba:

Data: 13 de xuño de 2015.

Hora: ás 10.00 horas.

Lugar: IES As Fontiñas, rúa de Estocolmo, 5, Santiago de Compostela (A Coruña).

Terceiro. Quedan autorizadas as comisións de servizos dos membros do tribunal que necesiten desprazarse para o exercicio de tal función, que terán dereito a percibir as axudas e gastos de viaxe de acordo coa lexislación vixente. Os medios de locomoción usados serán calquera dos previstos no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (Diario Oficial de Galicia do 18 de xullo), e deberá entenderse que queda expresamente autorizado o uso de vehículos propios, de acordo co citado decreto.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2015

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

590053-Lingua e literatura galega

Tribunal único

Titulares

Posto

NIF

Nome

Presidente/a titular

33783681Q

González Moreiras, Jesús Pablo

Vogal titular 1

35552421X

Díaz Pérez, Evaristo

Vogal titular 2

76367792H

García García, María Xosé

Vogal titular 3

33306519N

Rodríguez Rivas, Xoán Xosé

Vogal titular 4

33290475E

Blanco Arca, Natalia

Suplentes

Posto

NIF

Nome

Presidente/a suplente

34720883Z

Caseiro Nogueiras, Delfín

Vogal suplente 1

76357407Y

Garrido Vilariño, Xoán Manuel

Vogal suplente 2

33318493A

Otero Souto, María Rosario

Vogal suplente 3

33824502N

Valcárcel López, Jesús Manuel

Vogal suplente 4

35443162R

Fernández Rivas, María Xosé