Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 22 de maio de 2015 Páx. 20287

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (38/2012).

María del Carmen Álvarez Iglesias, por substitución secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Sarria, fai saber que nos autos de referencia se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte.

Sentenza.

Sarria, 14 de novembro de 2014.

Vistos por Diana Vales Laguna, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Sarria, os presentes autos de xuízo verbal de reclamación de filiación extramatrimonial, impugnación de filiación matrimonial e petición de herdanza, rexistrados co número 38/2012, por instancia de Dolores Díaz Andrés, asistida do seu letrado Manuel Navia Yebra e representada pola súa procuradora María Luisa López Vizcaíno, contra Paz Sánchez Díaz, asistida da súa letrada María José García Arias e representada pola procuradora Ana María López Vila, e contra José Díaz Andrés, Jesús Díaz Andrés, José Manuel Díaz Andrés, Camilo Andrés Díaz Andrés, Jaime Díaz Andrés e Concepción Pilar Díaz Andrés, declarados en situación procesual de rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Resolvo que estimando a demanda presentada pola representación procesual de Dolores Díaz Andrés, debo declarar e declaro que Dolores Díaz Andrés é filla non matrimonial do falecido José Díaz González, coa conseguinte rectificación do Rexistro Civil; debo declarar e declaro que José Díaz Melle non é o pai biolóxico e real de Dolores Díaz Andrés, e ordeno deixar constancia no Rexistro Civil de Sarria, na inscrición de nacemento correspondente a Dolores Díaz Andrés e que figura no tomo 84, páxina 183 da Sección 1ª, da súa filiación como filla extramatrimonial de José Díaz González, así como a cancelación dos asentos de paternidade contraditorios que poidan existir, unha vez que a presente resolución adquira firmeza; e debo declarar e declaro que Dolores Díaz Andrés é lexitimaria do haber hereditario de José Díaz González, polo que a institución de herdeira de Paz Sánchez Díaz se deberá reducir na parte que prexudique a lexítima de Dolores Díaz Andrés.

Non se fai expresa imposición de custas procesuais.

En canto sexa firme esta resolución, expídase testemuño dela ao Rexistro Civil correspondente para a súa anotación e a inscrición da filiación paterna declarada nos termos indicados e a cancelación dos asentos de paternidade contraditorios que poidan existir.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de 20 días, contados a partir de que aquela tivese lugar, para que resolva a Audiencia Provincial de Lugo, para iso cómpre que proceda a ingresar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E para que sirva de notificación en forma a Jaime Díaz Andrés, con último domicilio coñecido en Llano de la Mareta, 8, Puerto del Rosario, Las Palmas, e a José Manuel Díaz Andrés, con último domicilio coñecido na Ribeira 84, Vilar de Sarria, Sarria, expido e asino este edicto.

Sarria, 17 de marzo de 2015

A secretaria xudicial