Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 22 de maio de 2015 Páx. 20285

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4845/2012).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 4845/2012 desta sección, seguido por instancia de Ángeles Durán López contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Dualca Porriño, S.L., sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Tribunal Supremo

Sala Social

José Luis Gilolmo López

María Lourdes Arastey Sahún

Jesús Souto Prieto

Na vila de Madrid, 5 de febreiro de 2015.

Maxistrado relator Jesús Souto Prieto

Feitos:

Primeiro. O Xulgado do Social número 2 de Vigo ditou sentenza con data do 11 de xullo de 2012, no procedemento número 347/2009 seguido por instancia de María de los Ángeles Durán López contra a empresa Dualca Porriño, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre cantidade, que desestimaba a pretensión formulada.

Segundo. Recorreu contra esta resolución en suplicación María Ángeles Durán López, e a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentenza, con data do 30 de maio de 2014, que desestimaba o recurso interposto e, en consecuencia, confirmaba a sentenza impugnada.

Terceiro. Mediante escrito do 17 de xullo de 2014 a letrada Marta Sotelo Rivera, en nome e representación de María Ángeles Durán López, formalizou recurso de casación para a unificación de doutrina contra a sentenza da Sala do Social antes citada.

Esta Sala, por providencia do 24 de novembro de 2014, acordou abrir o trámite de inadmisión por falta de contradición. Para tal fin requiriuse a parte recorrente para que no prazo de cinco días fixese alegacións, o que efectuou. O Ministerio Fiscal emitiu o preceptivo informe no sentido de estimar procedente a inadmisión do recurso.

A Sala acorda:

Declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto pola letrada Marta Sotelo Rivera, en nome e representación de María Ángeles Durán López, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 30 de maio de 2014, no recurso de suplicación número 4845/2012, interposto por María Ángeles Durán López, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, con data do 11 de xullo de 2012, no procedemento número 347/2009, seguido por instancia de María de los Ángeles Durán López contra a empresa Dualca Porriño, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre cantidade».

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Dualca Porriño, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de abril de 2015

A secretaria xudicial