Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 22 de maio de 2015 Páx. 20297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 8 de maio de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada no recurso de alzada interposto por Pablo de Alonso Sánchez.

Con data do 17 de abril de 2015, o conselleiro de Facenda ditou resolución no que respecta ao recurso de alzada formulado por Pablo de Alonso Sánchez contra a Resolución do 12 de febreiro de 2015, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, convocado pola Orde do 11 de outubro de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 17 de outubro), pola que se dá publicidade de diversos acordos (Diario Oficial de Galicia núm. 33, do 18 de febreiro).

Logo de tentar, por dúas veces, a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foron devoltas polo dito servizo, por non retirado, tras os dous intentos en que consta ausente na repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifícaselle a Pablo de Alonso Sánchez a resolución antes referida.

O recorrente pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer o interesado recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme os artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública