Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 22 de maio de 2015 Páx. 20299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de abril de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de ampliación dunha explotación de gando vacún de leite, sito no lugar de Pradedo de Arriba, na parroquia de Vilameá, no concello de Guntín (Lugo), promovido por Pradedo de Arriba, S.C. (clave 2014/0153).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, punto 3, faise público o informe de impacto ambiental do 27 de abril de 2015 relativo ao proxecto de ampliación dunha explotación de gando vacún de leite, sito no lugar de Pradedo de Arriba, na parroquia de Vilameá, no concello de Guntín (Lugo) promovido por Pradedo de Arriba, S.C.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental