Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 21 de maio de 2015 Páx. 20154

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación (expediente 10/15).

Por Decreto da Alcaldía do 30 de abril de 2015, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 10/15).

2. Obxecto do contrato: subministración de material de construción.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto/acordo marco.

4. Orzamento base de licitación: 248.050 € (205.000 € + 43.050 € en concepto de IVE). Prezos unitarios indicados nos pregos. Prazo de execución: doce (12) meses.

5. Garantías: non se exixe, de conformidade co establecido no artigo 95 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, ao tratarse da entrega de consumibles cuxa entrega e recepción se efectúa antes do pagamento do prezo.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es.

O Porriño, 30 de abril de 2015

José Nelson Santos Argibay
Alcalde