Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 21 de maio de 2015 Páx. 20155

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación (expediente 11/15).

Por Decreto da Alcaldía, do 6 de maio de 2015, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 11/15).

2. Obxecto do contrato: servizo de mantemento de limpeza das áreas verdes sitas no polígono de Torneiros.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto (contrato reservado a centros especiais de emprego).

4. Orzamento base de licitación: 121.000 € (100.000 € máis 21.000 € en concepto de IVE), polo prazo de dous anos (con posibilidade de prórroga dun ano).

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante.

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 6 de maio de 2015

José Nelson Santos Argibay
Alcalde