Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 21 de maio de 2015 Páx. 20153

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Neves

ANUNCIO de adxudicación definitiva da prestación de servizo de axuda no fogar.

Por acordo da Xunta de Goberno Local en sesión que tivo lugar o día 16 de febreiro de 2015 adxudicouse definitivamente o contrato de servizos denominado prestación do servizo de axuda no fogar no Concello das Neves, por tramitación ordinaria e procedemento aberto, oferta máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación, o que se publica para os efectos do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

1. Prezo do contrato.

SAF dependencia:

a) Prezo sen IVE: 11,90 euros (once euros con noventa céntimos).

b) Imposto sobre o valor engadido (4 % IVE): 0,48 euros (corenta e oito céntimos).

SAF libre concorrencia:

a) Prezo sen IVE: 8,74 euros (oito euros con setenta e catro céntimos).

b) Imposto sobre o valor engadido (10 % IVE): 0,87 euros (oitenta e sete céntimos).

2. Adxudicación definitiva. Empresa: Atendo Calidade, S.L.

Data de formalización do contrato: 24 de abril de 2015.

Para máis información, consultar a páxina web: www.asneves.com.

As Neves, 24 de abril de 2015

Raúl Emilio Castro Rodríguez
Alcalde presidente