Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 21 de maio de 2015 Páx. 20152

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cedeira

ANUNCIO da convocatoria para a provisión en propiedade, pola quenda de promoción interna, dunha praza de oficial da Policía local.

No BOP núm. 47, do 11 de marzo de 2015, publicáronse as bases da convocatoria específica para a provisión definitiva, pola quenda de promoción interna, dunha praza de oficial da Policía local de administración especial, subescala de servizos especiais.

A presentación de solicitudes para participar nesta convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello de Cedeira, durante o prazo de vinte días naturais a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Cedeira, 24 de marzo de 2015

Luis Rubido Ramonde
Alcalde