Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 21 de maio de 2015 Páx. 20148

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia a licitación para a contratación da execución das obras da fase 1 do proxecto de adaptación funcional da estrutura organizativa da Xestión Integrada de Vigo, mediante procedemento aberto (expediente AB-EIV1-15-016).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: 36211 Vigo.

4º. Teléfono: 986 21 92 33.

5º. Telefax: 986 21 91 50.

6º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todo os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIV1-15-016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: execución das obras da fase 1 do proxecto de adaptación funcional da EOXI de Vigo, que se realizará no Hospital do Meixoeiro, para a posta en marcha do Novo Hospital de Vigo.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución/entrega: o se especifique no prego de cláusulas administrativas.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 45262700-8.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: oferta económica.

4. Valor estimado do contrato: 198.996,62 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 198.996,62 €. IVE (21 %): 41.789,29 €. Importe total: 240.785,91 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe; véxanse os pregos de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxanse os pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: as ofertas pódense presentar en man antes das 14.00 horas do vixésimo sexto día natural contado desde o seguinte o da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Nicolás Peña.

2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36211.

4º. Enderezo electrónico: chuvi.contratación.administrativa@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesa de apertura do sobre B.

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña. Avenida das Camelias, nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo 36211.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Véxase a cláusula 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Vigo, 11 de maio de 2015

Félix Ruibal Bernández
Xerente de Xestión Integrada de Vigo